Santa Campaña

Fai que @s candidat@s paren polígonos no teu concello

Fai que @s candidat@s paren
polígonos no teu concello

MEXAN POR NÓS E DIN QUE CHOVE

Esta invasión de proxectos enerxéticos que pretenden implantar na Galiza baséase nun modelo deseñado a medida das grandes compañías eléctricas e da especulación financeira, entrando no xogo empresas oportunistas que nada tiñan que ver até agora coa enerxía eléctrica. (Em Mallorca non hai ningún parque eólico, mais hai 190 empresas vinculadas co sector).

A Enerxía como negocio

A meirande parte dos 140.000 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation son entregados ás empresas enerxéticas para ampliaren o seu negocio.

Por riba, as políticas do PP e do PSOE, deseñaron no Estado, en complicidade coas compañías transnacionais do sector, un sistema eléctrico liberado que favorece a fraude, a especulación e a espoliación do erario público. Producíndose unha gestión da enerxía opaca, antidemocrática, ineficiente e insustentábel.

Foméntase a produción desproporcionada de Enerxía eólica como negocio especulativo das grandes corporacións en vez de ser un servizo para a poboación, que garanta o acceso universal ao subministro eléctrico e que sexa xestionado por organismos públicos para satisfacer as demandas do país, para acadar a soberanía enerxética.

A mudanza climática como escusa

As mesmas compañías que se lucraban coas centrais térmicas contaminando gravemente a atmosfera, xustifican agora os seus investimentos coa loita contra a mudanza climática e a descarbonización.

Invasión de proxectos

Na Galiza hai máis eólicos instalados que na metade do Estado. Pretenden sacrificar Galiza para outros lugares, onde existe unha grande demanda enerxética, ficaren sen tocar. Cando o lóxico é a enerxía ser producida preto de onde se consome.

Galiza está no cuarto lugar dentro do estado em produción de enerxía renovábel. Polo contrario, as comunidades que máis consomen están à cola em produción de enerxía eléctrica. Madrid, por exemplo, está de penúltima, só diante de Ceuta e depois de Melilla. Por este camiño máis do 25% da Enerxía producida na Galiza irá cara fóra, estando o 98% desta produción em mans privadas.

Em 2019 había 180 parques funcionando. O obxectivo para o decenio 2020-2030 é de instalar máis do dobre da potencia instalada até de agora.

O consumo da Galiza está satisfeito só coa enerxía renovábel producida hoxe en día.

Dimensión das novas estruturas

Os novos parques proxectados son de dimensións moito maiores do que os existentes até agora, o que agrava todos os impactos. Por exemplo, na Groba proxetáronse muíños com pas de 81,5 m. de lonxitude, que fan um diámetro de xiro de 163 m., cun mastro de 148 m. e que dan unha altura total de 229,5 m. Tendo en conta que a altura dos pilares da ponte de Rande son 128 m. estes muíños serían case o dobre en altura, ou tomando como referencia a catedral de Compostela que ten 75 m. de alto, estes muíños serían máis de tres veces esa altura. Hai muíños proxectados aínda maiores que chegan aos 248 m.

Proxectos asociados aos parques eólicos

Aparecen proxectos de grande impacto como o da central hidroeléctrica no alto da Groba a bombear uga do mar cos excedentes de enerxía dos parques. Para este proxecto sería preciso facer un encoro de 400.000 m2 de superficie.

Algúns proxectos, como tamén na Groba, inclúen unha fábrica de formigón de 10.000 m2 no alto da serra.

Incumprimentos da legalidade

A Xunta permite o incumprimento da Lei, aceptando proxectos de parques eólicos fracionados de xeito fraudulento. O Tribunal Supremo fixo firme unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onde recolle a existencia de numerosos exemplos de fragmentación fraudulenta de proxectos de enerxía eólica na Galiza.

As subestacións tramítanse por separado cando son indispensábeis para a evacuación, o que tabém é fracionar.

A Xunta autoriza parques eólicos que a xustiza declara ilegais.

Impactos nas economías locais

O desenvolvemento da eólica mariña vai restrinxir a actividade pesqueira.

Tamén se van ver afectadas o 11,5 % das terras de cultivo e moita superficie forestal. O 19,2% de superficie dos Montes Veciñais em Man Común ficarían dentro de polígonos industriais.

Impactos sobre a Rede Natura

As Áreas de Desenvolvemento Eólico ocupan 107.000 Ha da Rede Natura. Esta planificación enerxética fai inviábel calquera ampliación da mesma.

De levarse a cabo este desenvolvemento eólico levaría por diante os recursos patrimoniais e paisaxísticos do contorno dunha morea de espazos naturais da Rede Natura.

Impacto paisaxístico

A instalación de parques eólicos, tanto terrestres como mariños ten un grande impacto paisaxístico, tanto polos parques en si, como polas subestacións eléctricas, as redes de evacuación da enerxía ou as amplas pistas para poderen subir os grandes camións cos compoñentes dos muíños.

O impacto visual dun parque eólico chega a uns quince quilómetros, á redonda.

Na Xunta reducen ao ridículo o ordenamento e a protección paisaxística.

Impactos sobre o solo

A construción de parques eólicos provoca grandes agresións irreversíbeis ao medio natural como son a realización de grandes esplanadas (necesítanse 6.500 m2 de superficie para montar un só xerador, como referencia a Praza do Obradoiro ten 6.200 m2), enormes alicerces de ferro e formigón onde ancorar os muíños, voluminosos movementos de terra, para acondicionamento de pistas e construción de novas vías, construción de subestacións e casetas de control e desenvolvemento e reforzo da rede eléctrica con novos trazados.

A miúdo prodúcense derramamentos dos aceites lubricantes necesarios para a mantemento dos aeroxeradores, provocando a contaminación do solo.

Impactos sobre o patrimonio cultural

Prodúcense graves danos sobre o patrimonio cultural, histórico e arqueolóxico. Este impacto ocasíonase principalmente durante a fase das obras, deteriorando ou destruíndo xacementos arqueológicos de grande valor.

Impactos sobre a calidade de vida da pobación próxima

O efecto sombra intermitente provocado polas pas en movemento, os claros e reflexos provocados pola incidencia da luz solar sobre os muíñs, o ruído producido tanto polo fluxo do vento sobre as pas como o debido aos motores e ventiladores de refrigeración, que persiste incluso cando as turbinas están paradas, provocan efectos moi molestos para a poboación dos arredores.

Tamén as obras necesarias para a execución das instalacións dos parques e os seus accesos ocasionan molestias sobre os lugares máis próximos, polo tránsito excesivo de vehículos e de maquinaria pesada, detonacións, cortes viais, etc.

Os campos eletromagnéticos asociados aos parques eólicos teñen potenciais efectos nocivos sobre as persoas próximas.

Impactos sobre a fauna

As aves e os morcegos constitúen a fauna que máis intensamente se ve afectada, tanto pola existencia e funcionamento dos aeroxeradores como polas redes eléctricas anexas.

O meirande impacto por mortandade prodúcese ao bater contra as pas. Este impacto é maior nas aves planeadoras como aguias ou buitres. Igualmente, as aves migratorias atopan un risco elevado cando voan a baixa altura co vento en contra.

Cando as pas das turbinas eólicas viran a altas velocidades, a presión do ar arredor destas muda e aumenta a probabilidade de paxaros e morcegos bateren con estas.

A eletrocución coas liñas eléctricas tamén é importante.

Impacto sobre o medio hídrico

Impactos sobre as augas fluviais tras o arrastre de materiais acumulados durante a fase de obras ou pola erosión ocasionada no movimento de terras. Derramamentos de substancias nocivas nos labores de limpeza e manutención ou procedentes da maquinaria de obras, aceites, pinturas e hidrocarburos, contaminan as augas superficiais e subterráneas.

Tamén se producen desviacións de cursos de auga durante a construción dos parques e vías de acesso.

Estrañas casualidades

O deseño da Rede Natura deixa sen protexer moitas áreas que posteriormente serían Áreas de Desenvolvemento Eólico.

Tamén hai varios casos, como o da Groba, en que os incendios forestais arrasaron casualmente a superficie, case exacta, onde máis tarde se proxectaron os parques eólicos.

É permitido (e necesario) distribuir os contidos
Foi polo vento e Veu polo ar 2022+2023