MEXAN POR NÓS E DIN QUE CHOVE
Esta invasión de proxectos enerxéticos que pretenden implantar na Galiza baséase nun modelo deseñado a medida das grandes compañías eléctricas e da especulación financeira, entrando no xogo empresas oportunistas que nada tiñan que ver até agora coa enerxía eléctrica. (Em Mallorca non hai ningún parque eólico, mais hai 190 empresas vinculadas co sector).
A meirande parte dos 140.000 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation son entregados ás empresas enerxéticas para ampliaren o seu negocio.

HISTORIA DO ESPOLIO EÓLICO NA GALIZA

Desde hai máis de dúas décadas, gobernos da Xunta e do Estado con distintas siglas políticas, deseñan un modelo enerxético a medida dos intereses económicos especulativos das grandes compañías do sector enerxético, do sector financeiro e de empresas oportunistas, por riba dos intereses sociais, culturais, ambientais e das economías tradicionais da poboación.
Galiza é excedente desde hai anos en produción de electricidade, a maioria eólica e hidroelétrica. Parte desta é exportada fóra do noso territorio e parte pérdese no seu transporte. Superamos o ratio de potencia eólica instalada por quilómetro cadrado que recomenda Europa ata o ano 2030.

É permitido (e necesario) distribuir os contidos
Foi polo vento e Veu polo ar 2022+2023