UN VENTO VEN
Por iso pedimos paralizar o plan eólico vixente e os proxectos en trámite e apostar por un modelo enerxético transparente, xusto, descentralizado e descarbonizado, que potencie a soberanía enerxética dos pobos, con redución do consumo, e redes de distribución local.
Galiza é despois de Castela e León e Aragón, e con moito menos territorio, a terceira comunidade en xeración de enerxía eólica -9.720 GW en 2022 contra 13.793 e 10.200 respectivamente-. Contamos xa con máis de 180 polígonos eólicos en funcionamento, superando os 4.000 muíños e os 3887 MW de potencia instalada. Inda asi, baixo a febre dos fondos Next Generation EU, existen máis de 300 novos proxectos en fase de tramitación, que buscan sumar o dobre desta potencia.
En eólica mariña, trala recente aprobación dos plans de ordenación do espazo mariño (POEM), que regulan os usos permitidos en augas xurisdicionais, cinco dos 19 polígonos proxectados en todo o Estado o son en Galiza, que abranguen unhos 2.350 metros cadrados, é dicir, o 47% da superficie total.
Unha invasión de proxectos que, como ben sabemos, non ten como principal obxectivo o descarbonizar a economía para satisfacer as demandas enerxéticas da poboación nun mundo máis xusto, senón que agochan fins economicamente lucrativos para as empresas, convertendo a electricidade noutra burbulla especulativa máis na que o mercado é o unico improtante. Mentres tanto as emisións mundiais de CO2 relacionadas coa enerxía seguen a medrar, acadando un novo máximo en 2022 de máis de 36.800 millóns de toneladas e as empresas internacionais e nacionais de combustibles fósiles obteñen ingresos récord.
Subvencionados con cartos públicos e amparados pola trama política, que deixa en man dos promotores dos polígonos eólicos a apropiación e destrución de natureza e lar, con consecuencias, en moitos casos, irreversibles, fálannos da urxencia da descarbonización empresas pouco sospeitosas de preocuparse polo ben común como Capital Energy, Greenalia ou Endesa -principais beneficiarias na avaliación exprés da Xunta- ou Ferrovial, que namentres preparaba a súa marcha aos Países Baixos, solicitaba autorización a Transición Ecolóxica para instalar 2.2 GW de eólica mariña, onde se xoga 9.000 M de euros.
Proxectos que mesmo, nalgúns casos, a Xunta autoriza e a xustiza, tralo traballo das activistas, declara ilegais. Proxectos que grazas a sistemas de negociación espurios e á expropiación como arma -pola súa declaración de “utilidade pública”- devalúan as economías locais e a saúde dos seus habitantes, prexudican a biodiversidade, degradan as comunidades rurais e destrúen a paisaxe e o patrimonio.
Un desenvolvemento capitalista terriblemente desigual no social, no xeográfico e no ecolóxico, no que se xeran zonas de sacrificio entre diferentes estados e tamén dentro dos mesmos, e no que as empresas, da man da Administración, entran no territorio e impoñen un modo de produción e reprodución social no que pouco teñen que dicir os seus moradores.
Para nós falar de territorio é falar da visibilización das súas loitas, das confrontacións entre os grandes poderes e quen os enfronta; de que naquelas zonas onde se implantan muíños ponse en risco ás especies que o habitan; de que non se reverte o despoboamento nin os seus veciños aumentan os seus ingresos; de que non se indemnizan as afeccións reais; falar da desvalorización drástica do valor das terras e de perder paisaxes e cultura.
É urxente detelo cambio climático, pero non se fará seguendo este vórtice suicida de desenvolvismo e extractivismo. Como o propio IPCC lémbranos: antes que calquera outra, a mellor medida para loitar contra o cambio climático é a preservación dos ecosistemas.

No próximo 21 de maio, seguindo o ronsel de Foi polo vento e Veu polo aire e de tantas compañeiras que loitan, sairemos ás rúas de Lugo para berrar que Un Vento Vén, un vento cada vez máis forte, que sabe da insostenibilidad deste modelo económico, e que lembra que o territorio tamén é noso e a forma de habitalo perténcenos.

É permitido (e necesario) distribuir os contidos
Foi polo vento e Veu polo ar 2022+2023